Visualizacións de páxina totais

mércores, 3 de setembro de 2014

Setembro de 2014

.

Amigos de Galicia entrega cerca de 4.000 mochilas con material escolar

Las recibirán niños y niñas de familias sin recursos de distintos concellos de A Coruña

A.I.S.
La Fundación Amigos de Galicia entregará material escolar a niños y niñas de familias sin recursos económicos con residencia en Santiago, Tordoia, Negreira, Val do Dubra, A Baña, Santa Comba, Boqueixón, Teo, Silleda, Cruces, Padrón, Dodro y Riveira, que necesitan de apoyo de la entidad.
Tomado de: http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/amigos-galicia-entrega-cerca-4-000-mochilas-material-escolar/idEdicion-2014-09-12/idNoticia-889575/
S.E.

Urxen que paren as obras da beirarrúa de Xermán

O grupo nacionalista de Val do Dubra, a través do seu portavoz, Antonio Negreira, presentou un escrito no que se pide ao equipo de goberno que paralice as obras que, por mor da construcción da depuradora, estanse a facer nunha beirarrúa da aldea de Xermán. Según Negreira, a beirarrúa feita invade e reduce as dimensión da estrada que vai de Portomouro a Troitosende, "dificultando o paso dos vehículos". 
Tomado de: http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/urxen-paren-as-obras-da-beirarrua-xerman/idEdicion-2014-09-10/idNoticia-888865/

Problemas con la línea telefónica en el CPI Bembibre

S. E. S. E. S.F. S.F./ P.S.

.Un problema en la línea telefónica mantuvo prácticamente incomunicado durante todo el verano el CPI de Bembibre, que hoy funciona con una única línea y un aparato facilitado no por el operador que tiene contratado la Xunta (R) sino por Telefónica. Los problemas en las comunicaciones se produjeron también en otros centros del rural compostelano.
Tomado de: http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/problemas-linea-telefonica-cpi-bembibre/idEdicion-2014-09-09/idNoticia-888654/

Área Santiago formaliza su unión para la promoción turistica de Compostela y 15 municipios del entorno

La Diputación compromete su colaboración con la iniciativa supramunicipal

ROSA MARTÍNEZ
La 16 municipios del entorno de Santiago que desde hace 18 meses trabajan conjuntamente para su promoción turística se han constituido jurídicamente en grupo. Lo han hecho bajo el nombre con el que han funcionado hasta ahora, Área Santiago, según el convenio que esta mañana suscribieron en Compostela el regidor capitalino, Agustín Hernández, y sus homólogos o sus representantes de los municipios de A Estrada, Arzúa, Boqueixón, Lalín, Melide, Padrón, Oroso, O Pino, Rois, Silleda, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra y Vila de Cruces. El presidente de la Diputación de A Coruña, Diego Calvo, asistió al acto, en el que comprometió la colaboración económica de la entidad provincial, aunque será con los proyectos que le presente el grupo, no directamente con una aportación a este, que para este año contará con 45.000 euros para su funcionamiento financiados por sus socios en función de su población. Santiago pondrá prácticamente la mitad, 20.000 euros.
Según el regidor compostelano, con la firma de este convenio se inicia una etapa de colaboración y cooperación institucional. La unión es un instrumento «para aproveitar mellor as nosas posibilidades e crear un destino turístico único, cunha oferta máis ampla e diversa», afirmó Hernandez, quien sostiene que esa puede ser una senda a seguir en más ámbitos
Tomado de: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/09/08/area-santiago-formaliza-union-promocion-turistica-compostela-15-municipios-entorno/0003_2014091410176634003603.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Val do Dubra, A Baña y Negreira destinan 100.000 euros al plan de ahorro enérgetico

S.E.
Los ayuntamientos de Val do Dubra, A Baña y Negreira van a poner en marcha en los próximos meses el plan de ahorro energético en sus alumbrados público, un proyecto que supone una inversión de 100.000 euros.
El proyecto se iniciará después de que la Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza aprobase recientemente una línea de subvención de naturaleza competitiva incluída en el Fondo de Compensación Ambiental para hacer frente a este proyecto en los citados municipios, y que gestiona el Concello de A Baña. El importe total de la citada subvención asciende a 50.000 euros, es decir, que cubrirá el cincuenta por ciento de la inversión prevista. 
Tomado de: http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/val-do-dubra-bana-negreira-destinan-100-000-euros-plan-ahorro-energetico/idEdicion-2014-09-06/idNoticia-888226/

A toponimia celta en Galicia

XOSÉ PUMAR GÁNDARA
Tiven a fortuna de asistir á presentación do libro de Fernando Cabeza Quiles e levo un satisfactorio recordo. Xosé Manuel Varela fixo unha síntese do percorrido intelectual de Cabeza Quiles e presentounos un resumo da obra que se ofrecía ós lectores. A boa exposición de Varela facilitou unha intervención breve e diáfana por parte de Fernando.
Xosé Manuel Varela está decote disposto para axudar. Pon o seu saber, a súa graza alí onde haxa unha causa en favor da cultura galega. Algún día haberá que considerar canto leva feito Xosé Manuel como mecenas e minerva de tantas publicacións.
Fernando, pola súa parte, dixo que el estaba a favor dos perdedores, mesmo dos palestinos de Gaza e dos celtas entre nós que foron asoballados polos romanos. Explicou moi ben o que quería dicir, pois os recentes historiadores de Galicia recean falar dos celtas, aluden á chamada «cultura castrexa». Un termo descoñecido ata agora. Varela e Cabeza falaron un galego preciso, fluído, porque dominan a lingua, sen ter que recorrer a verbas rebuscadas.
Empecei a ler estudos de Cabeza aló por 1980, cando publicaba en Comunicaciones Germánicas. Escribímonos en 1981.
Deixando aos historiadores castrexos vemos que os lingüistas presentan apartados con voces celtas. Así, Rivas Quintáns e J. J. Moralejo en obras recentes. Tamén a acreditada Enciclopedia Lingüística Hispánica (tomo I, páxina 359) aporta radicais de nomes celtas.
O Concello de Val do Dubra conserva un folio manuscrito no que don Paulino Pedret Casado expón que Dubra procede do celta Dubrón, que significa auga. O insigne polígrafo Amor Ruibal, en artigo no Diario de Galicia o 25-VII-1909, explica que Libredón procede dunha raíz celta, significando «aldea do castro».
Hai un artigo de Amor titulado La cruz esvástica no es celta. Importa ler as primeiras liñas deste profundo traballo de A. Ruibal. Din así: «Entre múltiples elementos de la cultura celta en Galicia que han resistido la influencia avasalladora de la cultura latina, cuéntase, por no pocos, la cruz esvástica...». Obsérvase o antecedente. Había, di Amor, unha cultura celta, asoballadora de Galicia. Concluía o largo artigo afirmando que tal cruz é protoibérica, polo tanto, precelta e prearia.
Este estudo de Amor aparece na obra de Gómez Ledo Amor Ruibal o la sabiduría con sencillez (Madrid, 1939). Pode lerse no apéndice 7º, páxina 329 e seguintes. Gómez Ledo non di o medio no que foi publicado este traballo, nin a data do mesmo. Teño matinado para min sobre isto. Amor fina no mes de san Martiño do 1930. Xurdían por Europa movementos de extrema dereita, ditatoriais, que levaban como distintivo a cruz esvástica. Penso que Amor quere deslexitimar esas tendencias, rescatar a cruz gamada, que se impoñía como símbolo racista.
Volvo a descrición que Otero Pedrayo fai na súa Guía de Galicia sobre os costumes celtas. Eran os do noso rural ata o século XX. Tiña que ser Bergantiños, a terra onde Pondal albiscou tantos persoeiros celtas, o escenario do libro de Cabeza Quiles. Polo tanto, mantemos só a gaita galega como signo de comuñón con pobos da vertente atlántica de Europa. Temos, si, os fundamentos da fala e da cultura celta, na toponimia que nos descubre Cabeza. Seguiremos, como ata agora, adictos ao seu maxisterio.
Tomado de: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2014/09/02/toponimia-celta-galicia/0003_201409C2C6992.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz